domingo, 5 de outubro de 2008

Hoje lavei todos os cacharros que estavam no fregadeiro da cozinha, que eram umha grande parte do total dos da cozinha em geral e fixem um arriscado queique de iogurte num forno que já nom tem ali pintados nem os números da temperatura nem as posiçons de quecemento. O queique, de-feito, tem a parte superior queimada mas também fixem, esperando algumha caste de redençom, umha crema de cucurbita pepo* que acabou sabendo a erva que nom tem jeito porque, bicho-preguiça de mim, decidim nom pelar o tal e além de cor toda verdinha ficou aquilo que nem para ir pacer... inda que agora que penso é perfeito para mim, por burra, ai, paciencinha.






De resto: choveu e eu a ver se vou colhendo um ritmo mais tropical.

[Imagem]

________________
*Como raio se di isso em galego? Acudam-me! Cabacinho? Abobrinha é que nao... courgete tampouco me gosta... Tentei buscá-lo mas nom tou com paciência para isso agora e já bom é que dei o nome científico! :P

9 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Pois non che vou poder axudar, que aquí todo o mundo lles chama "calabacíns", pero vou indagar preguntándolle a algunha vella, que seguro que ten nome (^_^).

Do resto, o sabor sería malo pero ten un aspecto... vomitivo. (`_^)

Sigue experimentando, que é a única maneira. Mas que nada, por se un día convidas, digo.

Sun Iou Miou disse...

"Máis que nada", quixen dicir. Como estamos... (Nótase que estiven unha semana a traducir para a lingua do imperio, que teño os circuítos alterados.)

condado disse...

Por aquí se lle chama calabazo ao cabazo e calabacín ao calabacín... que fai unha crema casi branca e delicada... e non é broma...
(Eu sempre lle voto, unha vez na taza, un círculo de aceite de oliva e outro máis pequeno de vinagre)

Anónimo disse...

vaiapordioss! (non me negará polo menos que a crema de cucurbiña pepo ten fibra para parar un tren)
ánimo, que a vexo derrotada de máis para tan pouco infortunio :-)

La queue bleue disse...

XDD Sun, a minha nom quedou tam verde como a da foto... graças a deus! E sim... a ver se alguém sabe do nome da planta!

Condado, tés razom, a crema de calabacín como dios manda é branquinha, delicada e mui boa. A minha intençom inicial era que saísse assim (copiando da que fai minha nai...), mas bom, como diz a Sun, seguirei experimentando, método prova-erro e já convidarei ;)

La queue bleue disse...

Hehehhe, Kaplan, tb nao foi assim tanto drama... agora, o da fibra é-che boa verdade! hehehhe
Graças polos ánimos ;)

Anónimo disse...

¿cabaciño?
Cabazas e cabaciños, así é como os coñecín eu sempre. ¿?

Anónimo disse...

E o xeito que teño para facer creme é pelándoos. Só non os pelo se son ecolóxicos e son para fritir, pasalos pola prancha, para sopas....
Creme de cabaciño o estilo DR:

* Un par de cabaciños de tamaño medio pelados e sen pébidas.
* Un par de cenouras (opcional)
* Unha cebola mediana.
* Un pouco de queixo mantecoso.
* Auga, unha pinga de leite (opcional), aceite de oliva ( opcional) e sal(opcional).

Pelalos cabaciños, quítaslles as pébedas, trocéalos o igual que as cenouras (opcionais) e a cebola (opcional). Cúbrense de auga e un chorriño de leite ( opcional). Déixanse cocer a lume lento xunto có acéite ata que o tenedor os atravese sen dificultade.
Neste punto tritúrase todo xunto ( pasapurés, misturadora...) e bótaselle un pouco de queixo ( opcional). Déixase cocer uns 10 ou 15 minutos máis coa tapa da ola algo aberta ( para que lle permita espesar). Reméxese de vez en cando, bótaselle sal ó gusto e.... mentras coce e tal un Ave María por si acaso.

;-)

La queue bleue disse...

Pois mira... gracinhas pola receita, o que eu fixem foi parecido, mas troca cenoria por pataca... e nada de delicadezas de quitar-lhe as pebidas :PP
E bom... depois a técnica...
mas gracíssimas polos conselhos ;)
A próxima que faga hei de fazer assim e a ver que tal sai.