quarta-feira, 23 de fevereiro de 2011

Por el mar de las Antillas anda un barco de papel

Quando um tem certa regularidade nisto aqui, pois a quase cada cousa tonta pensa: "Ai, isto tenho que postá-lo! Vou-no anotar para meter no blog". Mas agora nom hai maneira. É um pouco como esta historia de ver a vida passar, de estar a vê-las vir, ou, dessa "manera absurda de pasar por los días sin que se den ni cuenta" que eu tampouco sei se é normal, mas comum dá-me no corpo que é mais do que deveria, para variar.

De todas maneiras, este final de Fevereiro que lhe cedeu o carnaval ao seu irmao Março está prometendo prometendo tempestade depois de tanta calma.

Para começar imos dar umha voltinha pola maior das Antilhas, chico!







Son para niños antillanos - Ana Belén

[Imagem daqui, do ilustrador Horacio Elena, onde tamén se pode ler o texto do poema de Nicolás Guillén]

___________________________________
Depois, já entradinho o ano novo, quem sabe, o mundo espera.


2 comentários:

Anónimo disse...

Volveu, lqb! Sempre é unha alegría (que sería maior se houbese máis constancia, pero non mo tome en conta que non quero que pareza un sermón)
Benvinda

condado disse...

A Millás tamen lle pasa, o dixo o outro día no Faro, que sinte que está a esperar a vida e non a da collido, que pasa con demasiada prisa. Eu fiquei mais tranquilo. Agora somos tres. No mediterraneo-sul isto non pasa, están tan de cheio na vida que non lles da tempo a baixar dela... Cousas...