domingo, 3 de janeiro de 2010

Ortografia

I
Desde que dedico eternos minutos a passar o ferro, tenho tempo para pensar. Cheguei à conclusom de que tudo é um problema de ritmo, pace.
Nom fosse o tempo pouco e pouco como pingas em estalactites e o problema seria outra cousa. Mais relaxada, óbvio. Entretanto, ainda bem que se pode ir escrevendo algum tipo de application forms.
II
Já ler e outra cousa. Vale-che para confirmar a sensaçom de segurança inerente aos acentos bem postos ou para adornar a vida, nom fosse o tempo fazendo-a anódina e o deinde philosophari seria umha bagatela.

III
Mais vale tarde que nunca, disque. Assi que de hoje de hai uns dias num ano! Espero que seja bom para todos :)




4 comentários:

condado disse...

Non sei se será retranca, mais para min é un dos placeres (cando non é moito) domésticos. Un bo planchado é unha obra de arte. O que si que fastidia é ter que doblar -despois de darlle xeito- unha camisa, non? E cantando, claro, ou asubiando, case que mellor... E nada pois, ata o ano que ven... : )

Kaplan disse...

Coidado! o pracer de pasar o ferro é enganoso e pode causar adicción.
Así pois, até o ano próximo.

La queue bleue disse...

Cantando, ou bailando ;)
Eu nom gosto especialmente, tampouco o odeio.
E nom dobro nada, colgo directamente na percha, claro que as minhas camisas nom quedam especialmente jeitosas assi que tanto daria dobrar :P
Kaplan, vícios hai outros! :)

Sun Iou Miou disse...

Ai, o que estou a ouvir do Condado! Iso é retranca! Hohoho!

Eu detesto pasar o ferro, de feito non o paso así me maten, salvo forza maior (ou sexa, que me deixen ferida grave). Se eu levo na cara engurras, non as van levar as miñas camisetas?! (de camisas case prescindo)

De hoxe en cando sexa!